Medra o número de visitantes no marco das Actividades de Verán programadas por Turismo

Medra o número de visitantes no marco das Actividades de Verán programadas por Turismo

22 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As visitas guiadas organizadas pola Concellería de Turismo dentro do Programa de Actividades de Verán tiveron un maior número de usuarios esta tempada estival en comparación coa do ano pasado. Así se desprende da memoria feita pública polo departamento que dirixe o edil Diego Calvo e na que se apunta que nos meses de xullo, agosto e parte de setembro un total de 1.735 persoas participaron nalgunha das visitas programadas polo Concello de Ferrol, fronte as 1.624 q

Unha das actividades con máis éxito foi a visita teatralizada ao castelo de San Felipe, que xa se ten consolidado como unha das ofertas máis atractivas tanto para os visitantes como para os propios ferroláns. Un total de 517 persoas fixeron este percorrido guiado e escenificado pola fortificación de San Felipe, que estivo programada para os sábados. O balance tamén é moi positivo no caso das visitas en city-tren. A panorámica contou con 1.113 persoas, e a visita histórica guiada con 509.

No que atinxe ao percorrido a pé polo Arsenal Militar, este verán programouse catro días á semana, e a pesar de que foi unha das actividades que se veu afectada polo mal tempo, contou finalmente con 484 participantes. Así mesmo, as cenas en barco volveron a ser outra das propostas que contou co respaldo do público no mes de agosto, con saídas os venres e os sábados, e gran satisfacción dos participantes, segundo os datos facilitados polo departamento de Turismo. Polo contra e por mor do mal tempo reinante, a finais de xullo se tiñan que cancelar varias saídas programadas ao non chegar á cota mínima de viaxeiros.

Ocupación hostaleira

Segundo os datos facilitados polos principais establecementos de aloxamento á Oficina de Turismo Municipal emprazada no barrio da Magdalena, o índice de ocupación medio do mes de agosto estivo no 82,81%. Unha porcentaxe que se incrementou ata o 90% no caso particular dalgúns establecementos hoteleiros da cidade. Así, en agosto se produciron en Ferrol un total de 17.886,21 pernoctacións, fronte ás 15.752,31 do mesmo mes de 2010 ou as 15.637,05 do pasado mes de xullo.

City-tren con animadores infantís

Como novidade, a Concellería de Turismo que dirixe Diego Calvo incluíu unha actividade específica para nenos, o percorrido en city-tren con animadores infantís e visita ao parque didáctico Aquaciencia, sito no parque municipal Raíña Sofía. Esta actividade fíxose os venres pola tarde e a mañá dos sábados, coa participación de 449 persoas.
 
A finalidade destas actividades de verán promovidas dende a Concellería de Turismo é crear produto turístico na cidade, presentar unha oferta diferenciada de outros destinos próximos e axudar a aumentar a estancia media do turista en Ferrol, en especial daqueles turistas que veñen á cidade “en ruta” ou “soamente unhas horas”.

 

 

Sociedade