Medrar sobre a precariedade

Medrar sobre a precariedade
29 de Novembro, 2019 - 12:57 h. | Publicada por Radio Fene

Noa Madeira Creativa e o grupo Malasa traballan para marcas de recoñecido prestixio como a galega Inditex e a alemá Adidas. Ë unha das empresas galegas que experimentaron un maior crecemento no pasado ano. Van inaugurar unha nova factoría en Querétaro (México) na que van empregar a unhas trescentas persoas.

O cadro de persoal de Noa madeira creativa no Concello de Fene

A pesar deses datos positivos, Noa envía cartas a moitos traballadores e traballadoras do centro de Vilar de Colo en Fene indicando que, debido á mala situación económica pola que pasa a empresa, as súas condicións laborais van ser modificadas. Outros serán trasladados ás instalacións de Malasa en Cerceda. Noa da emprego en Vilar do Colo a unhas duascentas persoas e o seu comité de empresa denuncia “precarización das condicións laborais, desmantelamento paulatino das instalacións e introdución de persoal contratado a través de empresas de traballo temporal. Anuncian que farán todo o posible para conservar os postos de traballo e defender as condicións laborais.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora