Mellor facer un gramo que falar un kilo

A crise climática é un asunto de todos
12 de Agosto, 2019 - 12:36 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Picos do Sol organiza para este venres unha feira lúdica e didáctica sobre sostenibilidade de crise climática. Contará con obradoiros e charlas para a concienciación cidadana. Celebraráse a partir das cinco e media da tarde no Parque das Casas da Mariña en Santa Icía en Narón.

ESCOITA O PODCAST:

O movemento Extinción Rebelión plantexa a necesidade de comezar a dicir a verdade sobre a situación climática. O problema é moi urxente porque o afrontamos con máis de corenta anos de retraso. Xabier Picos explica a implicación de Picos do Sol con Extinción Rebelión. Tratase dun movemento global co que os movementos locais deben traballar codo con codo.

Emilio Santiago ofrecerá unha charla dentro da feira didáctica. Explicou en Radio Fene as súas ideas sobre o que poden facer os Concellos con respecto ao ecoloxismo. Tomar e extender a conciencia de que este é o asunto do noso tempo. O sentimento ecolóxico debe ser transversal e afectar todo tipo de actuacións da administración. É preciso suscitar un alto nivel de participación cidadá. A veciñanza é parte importante desta loita e debe ser unha parte activa, non meros espectadores. A crise ecolóxica é un asunto colectivo.

Santiago calificou a súa experiencia na área de medio ambiente do Concello de Móstoles como “satisfactoria e frustrante”. Aínda que notou unha mellora neste aspecto: as administracións comezan a declarar o estado de emerxencia ante a crise climática. Un xesto simbólico pero que é un gran paso.

Xabier Picos e Emilio Santiago animan aos cidadáns a participar nos próximos eventos de Extinción Rebelión, a primeira folga xeral mundial contra o cambio climático o vindeiro 20 de setembro. E non vos esquenzades, Feira solar e crise climática este venres 16 no parque da Lectura das casas da Marina en Narón.

Sociedade

Publica o teu comentario agora