A mellor samba e os ritmos reggaes de Carlinhos Brown nas Festas do Carme de As Pontes

A mellor samba e os ritmos reggaes de Carlinhos Brown nas Festas do Carme de As Pontes

11 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Carlinhos Brown actúa este venres 15 de xullo nas Festas do Carme de As Pontes. O cantante, percusionista, compositor e productor brasileiro chega Ás Pontes tras a estrea dos seus últimos traballos, “Dimunuto” e “Adobró”, lanzados neste ano. Estes albumes amósannos una lado máis íntimo do bahiano, lonxe do que nos ten acostumado e outro máis histriónico, vibrante e en&eacute

O mérito de Carlinhos Brown radica na súa capacidade de misturar perfectamente os ritmos brasileiros coa música rock e pop, incorporando nas súas cancións unha forte presenza de percusións e influenzas afro-brasileiras.
O artista, gañador de cinco Gramys Latinos, foi galardoado cun Goya á mellor canción, un Ondas pola súa traxectoria e varios discos de ouro. Ademais acadou un premio da Unesco polo traballo na súa fundación Pracatum Açao Social.

Sociedade