ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ordes puxo onte en marcha un curso de atención psicosocial a enfermos crónicos, que se celebrará ata o próximo 29 de novembro no Centro Comarcal de Ordes de luns a venres de 16 a 19:30 horas.
Trátase dun curso totalmente gratuíto de 20 horas de duración que inclúe conceptos básicos sobre dependencia e coidados asociados ás necesidades especiais do colectivo de enfermos crónicos dependentes. Aínda que se tocará a parte física (alimentación, descanso,...) incídese máis nos aspectos psicosociais dos enfermos crónicos.
En total están a participar nesta iniciativa arredor dunha vintena de persoas. O curso está adaptado para a poboación xeral sen experiencia/coñecementos previos do tema, para coidadores informais que poidan aplicar os contidos no seu coidado diario e para persoas que desexen aplicar os contidos de xeito profesional (traballadores de centros de día, centros residenciais...).