As mellores imaxes de Barallobre

As 12 máis votadas formarán parte dun almanaque
13 de Decembro, 2020 - 01:22 h. | Publicada por Radio Fene

A Liga de Amigos convida á veciñanza a votar as mellores fotos de Barallobre na súa visita á exposición que permanece colgada na entidade. As doce máis votadas formarán parte do calendario do 2021.

Desde hai tres dias colga nas paredes da Liga de Amigos de Barallobre unha exposición de fotografías, realizadas a maioría pola veciñanza, diante da chamada da sociedade a captar imaxes da parroquia. Recibironse un total de 40 instantáneas que recollen vistas, monumentos, recunchos ou paisaxes significativas de Barallobre. O destino de doce desas imaxes é formar parte dun almanaque co que a Liga de Amigos obsequiará aos seus socios e socias no ano 2021. Agora a elección das doce fotos correspondelle ao público que asista a esta mostra. Poderán votar polas tres fotos que máis lles gusten e as 12 que resulten máis votadas ocuparán os 12 meses do ano 2021. Esta iniciativa da Liga de Amigos de Barallobre pretende compensar dalgunha maneira a falta de actividade dos últimos meses a causa da pandemia da Covid19. As visitas á exposición teñen horario de mañá e tarde. Polas mañás, de 11 a 13 horas e polas tardes, de 18 a 22 horas. A directiva da entidade anuncia que está aberta xa a cantina da Liga de Amigos nese mesmo horario.

 

(Na imaxe, un sector da exposición)

Cultura

Publica o teu comentario agora