A memoria de Antón Seoane devólvenos á cerna da canción galega

A memoria de Antón Seoane devólvenos á cerna da canción galega

16 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

Vivimos en tempos de mudanza, tempos que tal vez precisan de himnos como este “Berros de luz”. Asistimos a un cambio de ciclo que aínda non sabemos moi ben a onde nos ha levar, pero no que resulta que o vello non dá morte e o novo aínda non naceu. Isto mesmo, segundo Carlos Méixome, acontecía tamén corenta anos atrás, no ano 1973. Galicia vivíu entón un lustro de mudanzas cuxos efectos aínda ecoan e que suporían a apert

Da man de Antón Seoane, un dos nosos músicos máis importantes e peza fundamental de Milladoiro, viaxamos polos anos anteriores á saída do primeiro disdo da mítica formación, ao tempo que se revisa unha época (a fin do franquismo) e un proxecto: o intento por construír unha música de nós e botar a andar un proxecto absolutamente diferente: Milladoiro.

O libro acompáñase dun CD no que Antón Seoane, Pilocha e Rodrigo Romaní, coa participación de Nando Casal, Bibiano, Miro Casabella, X. Quintas Canella, Dónal Lunny, Harry C, Roi Casal, Manú Conde, Pancho Álvarez, Anxo Pintos, Segundo Grandío, Laura Amado, Quico de Cariño, Natalia Zoltan e outros compañeiros de viaxe e aventuras, volven gravar, dándolles nova vida, cancións emblemáticas do período 1973-1978, algunhas delas rexitradas para este proxecto por vez primeira.

Cultura