A memoria volve

Recuperase a memoria
24 de Setembro, 2020 - 12:24 h. | Publicada por Radio Fene

Os obradoiros de memoria volven a vindeira semana a Fene. A concellaría de Benestar Social e Igualdade anuncia a apertura do prazo de matrícula ata o martes vintenove de setembro. Todos os obradoiros realízanse un dia á semana cunha duración de hora e media. Para participar é necesario ter cumpridos os cincuenta e cinco anos, cubrir a ficha de inscrición e asinar a declaración COVID antes do inicio da actividade.

Fernando Bermúdez e María Xosé Paz coordenan Máis memoria

Realizaranse actividades para manter activa a mente e mellorar a memoria naquelas persoas con esquecementos cotiás, como onde están as chaves ou como era o nome daquela persoa coñecida. Denomínanse os obradoiros: Máis memoria, Recordando o noso, recuperación da memoria e escola de avoas e avós. A actividade ten carácter gratuíto. Os obradoiros desenvólvense no centro municipal de Servizos sociais de San Valentín e nos locais de Limodre, O Pote de Maniños, Círculo de Fene e Liga de Amigos de Barallobre. Tamén haberá na Asociación Veciñal de Magalofes, Agarimo de Sillobre, CPS de San Valentín e no Círculo de Perlío.  Facilitan máis información no Centro de Servizos Sociais,  na avenida do Mar, bloque un baixo en San Valentín. E no teléfono 981 492706

 

Institucional

Publica o teu comentario agora