As memorias de María Casares edítanse por primeira vez en galego

As memorias de María Casares edítanse por primeira vez en galego

11 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A de María Casares é unha vida digna de ser contada. Esta galega exiliada en Francia foi filla do último xefe de goberno da República, Santiago Casares Quiroga; compañeira sentimental de Albert Camus e actriz de grande sona en Francia. Uns acontecementos que ela mesma relatou nas súas memorias e que agora, por primeira vez, podemos ler en galego. Baixo o título de Residente Privilexiada, a obra preséntase este venres no Cong

A patria de María Casares, segundo as súas palabras, era o teatro. A actriz relata na súa autobiografía como nunha soa vida se poden vivir múltiples exilios: o traslado de Galicia a Madrid na súa infancia, a fuxida a Francia tralo golpe do 36, o afastamento dos seus compatriotas críticos coa figura de Casares Quiroga ou a incomprensión do seu país de acollida ante os republicanos españois. Tendo en conta isto, resulta difícil atopar un marco máis axeitado para a presentación da obra que o Congreso para o estudo da cultura do exilio republicano, que se desenvolve desde mañá ata o domingo.

Residente Privilexiada presentase mañá xoves no Centro Galego de Artes da Imaxes da Coruña e chegará o venres ás librerías da man da Editorial Trifolium.

 

Sociedade