Menú navideño: Sopa de peixe e marisco, popietas de linguado e langostinos en salsa verde

Menú navideño: Sopa de peixe e marisco, popietas de linguado e langostinos en salsa verde

16 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes xa deu o pistoletazo de saída ás actividades enmarcadas dentro da programación cultural  navideña. Así na noite do pasado martes daba comenzo unha das actividades dirixidas aos adultos do municipio, o obradoiro de cociña. Son un total de 15 participantes os que están a asistir a esta actividade, que consta de dúas sesións, unha que se celebrou o martes, e a última mañá de 20 a 22 horas na Casa da Cul

O obradoiro pretende ofrecer por unha banda menús novos, sinxelos e atractivos cos que sorprender aos convidados, e por outra reinterpretar menús clásicos con presentacións modernas, tendo en conta ademais os tempos de crise que se están a vivir. 

En canto ás receitas elaboradas o martes, os participantes realizaron rolos de pan de miga, sopa de peixe e marisco e popietas de linguado e langostinos en salsa verde. Para a sesión de mañá está previsto que os alumnos aprendan a elaborar dous aperitivos, cherry chupa chups e bombóns de xamón serrano, lombo de porco á laranxa con puré de mazá e mousse de turrón de xixona.

Sociedade