Menores e pornografía

Menores e pornografía
15 de Decembro, 2023 - 12:36 h. | Publicada por Radio Fene

Moitas veces nos sorprende a facilidade coa que os menores poden acceder a contidos pornográficos. “Contidos nos que observan condutas denigrantes, estereotipos negativos e violencia”. Todo este pack de pornografía está nas redes de libre acceso para menores. O ciclo Acompañar no Reto de Educar chega á súa fin cunha sesión para sensibilizar ás familias sobre este problema como nos contou a pedagoga do Concello de Fene, María Xosé Paz. 

ESCOITA O PODCAST:

“As familias teñen que ser conscientes disto” e saber que este tipo de contidos afectan á conduta dos adolescentes. “Hai que ver as consecuencias que pode ter este acceso precoz á pornografía no desenvolvemento dos menores, porque, evidentemente, está afectando e moitas veces vemos condutas de adolescentes que non se explican”. Poden dar lugar a casos graves, situacións de violencia e agresións sexuais. Menores e pornografía. É o tema da última sesión do ciclo que se desenvolve na Casa da Cultura de Fene. Destinada a familias de Fene, Neda e Mugardos. Luns, día 18 de decembro, ás 18 horas. 

Institucional

Publica o teu comentario agora