Mente sa en corpo san

Mente sa en corpo san
20 de Novembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

As persoas maiores tamén deben facer exercicio físico. Para mellorar o seu estado de saúde, físico e mental, destacou en Radio Fene o psicólogo e graduado en Ciencias do Deporte José Barcia. Na imaxe, mulleres da asociación Por + vida na carreira da muller da Coruña en 2018.

ESCOITA O PODCAST:

O deterioro asociado ao paso dos anos fainos máis fráxiles e vulnerables. “Tamén fraxilidade cognitiva, é un camiño de dobre sentido, físico e cognitivo, tamén o físico acelera o cognitivo”, advirte o especialista. Para a xente maior está indicada a realización de exercicio “máis aló de camiñar”. “Camiñar é unha boa recomendación, pero non abonda. O interesante é que teña distintos contidos”. Recomenda Barcia que sexa o máis individualizado posible. Un programa de que teña en conta o estado particular da persoa en cada momento e que inclúa distintos contidos. “Marcha, traballo cardiovascular, forza, e flexibilidade”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora