Merca con conciencia este Nadal

Merca con conciencia este Nadal

16 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene, A Coruña, xunto ás entidades  Por+Vida- asociación oncohematolóxiaca- e Asotrame -Asociación de trasplantados de médula ósea- organiza o domingo 21 de decembro, un Mercado Benéfico de Nadal. Celébrase na praza do Concello entre as 11 e as 20 horas, baixo unha carpa climatizada. A AVV de Sillobre, a AVV San Xurxo de Magalofes, a ACDR Liga de Amigos de Barallobre, a AVV Santo Samarco de Sillobre e o CCRD de Perl&iacute

A recadación destes productos, totalmente artesanais, así como a do resto dos postos, destinaránse a apoiar o labor de diferentes asociacións como Por+Vida, Asotrame ou Arraigo. Jésica, vicepresidenta de Asotrame, falounos de a que destinarán a recadación, que no seu caso irá parar á investigación e a campañas para lograr máis doantes de médula. As entidades fenesas acordarán os destinatarios dos fondos que logren no Mercado cos seus postos.

Haberá 25 postos solidarios, sobre todo de artesanía, para facer as súas compras de Nadal. Pero o Mercado Benéfico de Fene ofrecerá toda unha serie de actividades paralelas. Así, o público poderá participar nun photocall solidario, disfrutar da música do DJ Desmadre ou da actuación de “Berros do Castro”, seguir os talleres de papiroflexia a cargo de Antón Cortizas e de globoflexia, dos inchables ou probar fortuna nos diferentes sorteos de agasallos doados polo comercio fenés. Así mesmo, a organización habilitará caixóns para que os asistentes que o desexen depositen os seus donativos.

Sociedade