Merca in Fene

Merca in Fene

18 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As rúa San Salvador de Perlío acolle este domingo 20 de setembro a VII Feira Multisectorial MERCA IN FENE. Este ano ofrece unha novidade, a exposición de veículos de ocasión, segundo nos adianta o concelleiro de Promoción económica, César Castro. Outra novidade da feira será a cantina que se instalará na Praza do Espectador.

Polo demais, os comercios apostaranse na rúa San Salvador cos seus postos de roupa, calzado, complementos, fotografía, limpeza, etc, entre a praza e o Círculo de Perlío. Merca in Fene permanecerá aberta dende as 10 da mañá ata as oito da tarde. Calidade e bos precios son o reclamo principal da cita. Os clientes que merquen algún artículo, entrarán nos sorteos de agasallos, que se celebrarán ás duas e ás oito da tarde. Organizan Merca in Fene a asociación de comerciantes O Cruceiro e o Concello de Fene.

A Concellería de Promoción Económica programou outra actividade para o seguinte domingo, día  27, unha Ruta de Sendeirismo guiada polo río Belelle que sairá ás nove da mañá da casa do concello. Cabe a posibilidade de xantar ao regreso, todos os participantes non local hosteleiro. A mesma cocnellería está a deseñar unha nova cita gastronómica relacionada coa coa pataca. para iso César Castro está a contactar coa hotelería local a fín de conquerir a maior participación posible.

Sociedade