Merca in Fene

O sabado día 22, as rúas de Fene acollen a IX Feira Outlet Merca in Fene.
20 de Setembro, 2018 - 12:43 h. | Publicada por Radio Fene

As Avenidas, Naturais de Fene e do Concello, así como a de Marqués de Figueroa, do Tarrio e rúa San Salvador en Perlío conforman o circuito comercial composto por 24 establecementos. Este ano participa un 25% máis que na anterior edición

ESCOITA O PODCAST:
Castro e Galego

O sabado día 22, as rúas de Fene acollen a IX Feira Outlet Merca in Fene. Abre ás 10 da mañá e pecha ás 20,30 horas. O Merca in Fene evoluciona a outro formato. En lugar de centrar todas as vendas nunha praza agrupando aos comercios baixo unha carpa, agora cada comercio se queda onde está e nos invita a visitalo poñendo unha jaima na porta ou calquera outro reclamo. Aínda así alguns preferiron xuntarse na rúa do concello de Fene baixo unha carpa común e ofrecer alí os seus productos. Na praza Ramón Souto instalarase un parque de xogos infantil. Tendo en conta que o sabado xa estaremos no outono, os comerciantes queiman o último cartucho para pechar a temporada con grandes rebaixas.
Este ano o sector do automóvil colle protagonismo coa presencia de dous concesionarios de Fene, Ford e Zona Norte, que ofrecerán veículos de ocasión e de alta gama na Avenida do Concello de Fene. Ás catro da tarde unirase unha exposición de veículos clásicos. A escudería Scracht Fene amosará os coches de carreiras na pista do CCRD Perlío. Fene será tamén o sabado lugar da I Quedada de veículos multimarca ás 12 da mañá. Os participantes realizarán un tour por todas as parroquias de Fene dende as 12,30h para acabar nun xantar no Bar O Emigrante de Limodre.
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e o concelleiro de Promoción Económica, César Castro, presentaron esta mañá a 9ª feira outlet MERCA IN FENE, sinalando a colaboración da asociación de comerciantes "O Cruceiro". O evento enmárcase no proxecto Fene Vivo. Ven a Fene. Castro lembrou que o obxectivo desta iniciativa é dar unha oportunidade ao comercio fenés e dalo a coñecer entre a veciñanza e fora do municipio.

Sociedade

Publica o teu comentario agora