Mercar de xeito consciente para unha alimentación saudable

Mercar de xeito consciente para unha alimentación saudable

02 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O catedrático Xulio Astor será o encargado de impartir a charla-coloquio sobre alimentación saudable que vai ter lugar este xoves 4 de febreiro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Redondela (Pontevedra). A asociación de consumo responsable Loaira organiza este xoves unha charla sobre alimentación saudable que correrá a cargo do catedrático de bioloxía e membro da Sociedad Española de Dietética y Ciencias de la Alimentación

Na actualidade existen moitos productos no mercado que a publicidade fainos crer que son beneficiosos para a nosa saúde, pero resulta necesario comprar eses productos "enriquecidos" para gozar dunha boa saúde? É preciso adquirir alimentos enriquecidos con omega-3, fibra ou calcio? Onde podemos atopar eses elementos de xeito natural nos alimentos?

Outra das cuestións que se comentarán este xoves pasa polo incremento de doenzas relacionadas coa alimentación na sociedade actual. Preguntas tales como por qué é a obesidade unha doenza? Como afrontar esta e outras enfermidades a través da alimentación?

O obxectivo desta charla-coloquio pasa, polo tanto, en achegar información fiábel sobre alimentación ao público interesado neste tema e, á súa vez, en plantexar preguntas que nos facemos cada vez que imos ao supermercado.

Cultura