Merecido premio para a biblioteca do IES Fene

Merecido premio para a biblioteca do IES Fene

11 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O director do IES Fene, Xoan Vázquez, e os profesores Alexandre Ripoll e Loli Lago, acuden hoxe á Biblioteca Nacional de Madrid para recibir o Premio de Boas Prácticas que o Ministerio de Educación lle outorgou á biblioteca do centro de Barallobre. Reciben o premio de mans do titular do departamento, Angel Gabilondo.

De 1º de bachelerato do IES de Fene é tamén o gañador do concurso de microrrelatos do Concello de Fene nesa categoría, Pablo Alvariño, que recibiu o galardón pola narración titulada "Manoliño de Cornide". 
 

Sociedade