Mergulladores tentan localizar o emisario de Limodre

Mergulladores tentan localizar o emisario de Limodre

03 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Minutos antes das 12 da mañán estaban preparados os mergulladores de Augas de Galicia para adentrarse no mar de Limodre e tentar de localizar o tubo do emisario. Tal e como estaba previsto comezaron a esa hora, coincidindo coa marea baixa, os labores de amaño do emisario que está verquendo á praia de Almieiras.

Técnicos de Aquagest empezaron a traballar xa ás 9 da mañán para encher de auga o colector, anque se éxito. Despois de case tres horas botando auga, o colector non colle presión, segundo nos explicaba o capataz da empresa concesionaria da auga de Fene. Pretendían que unha vez cheo de auga, meterlle aire a presión pero os intentos están a ser infructuosos.

Todas as esperanzas están posta no labor dos buzos que acaban de meterse na auga para ver de localizar a rotura do tubo no fondo mariño. Segundo fontes de aquagest, traballan un pouco a cegas porque non hai papeis que expliquen a traxectoria que leva a tubaxe que ten máis de 30 anos.

Créese, pero é unha teoría nada máis, que se adentra na ria a un Km ou Km e medio e morrería perto da punta do Morón  en Redes porque, segundo as cartas mariñas, sería o lugar máis profundo. Os buzos podent raballar como moito unhas tres horas, aproveitando a marea baixa. Calculan os técnicos que como moito ás 3 sabaremos do éxito ou fracaso da operación.

Sociedade