A Mesa detecta unha fenda no auto sobre o Decreto

A Mesa detecta unha fenda no auto sobre o Decreto

16 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A aplicación do decreto do plurilingüismo podería suspenderse se a Xunta decide sancionar aos mestres que sigan impartindo as aulas en galego. A Mesa pola Normalización Lingüística atopou unha físgoa á que se amarrar logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desbotase a suspensión cautelar contra o decreto que a organización solicitaba no recurso presentado contra a norma da Consellaría de Educación. Da anális

As reaccións dos grupos políticos ao auto non se fixeron agardar. Cómpre lembrar que, de non mediar cambios, a vixencia do decreto do plurilingüismo está garantida no ensino non universitario até que o Tribunal emita sentenza definitiva sobre os diversos recursos presentados contra a norma. O fallo final podería tardar anos. Así as cousas, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo celebrou -iso si, con contención-, a decisión xudicial. “Respecto e comparto”, repetiu en varias ocasións, e congratulouse pola continuidade dun  texto que “restaura a cordialidade” e supón “un modelo de liberdade”, afirmou. 
 
No extremo oposto da interpretación sitúase o BNG, cuxo voceiro nacional, Guillerme Vázquez, asegurou que, en troques de paz, o mantemento do decreto dos idiomas trae un conflito que cualificou de “real”. Acusou a Feijóo de ter o empeño de “atacar a lingua” e expresou que, “se mellorase o ensino público mellor nos iría a todos”.
 
En termos semellantes manifestouse o secretario xeral do PsdeG, Manuel Vázquez, dicindo que Núñez Feijóo “quere acabar co galego”. O socialista fixo fincapé en que, por mor da consulta aos pais, o 90 por cento dos escolares educaranse en castelán. Isto agoirou, debuxa un panorama no que a lingua galega desaparecerá totalmente das aulas en 10 anos. Vázquez sostén que nas enquisas había unha porcentaxe moito máis equilibrada de pais a prol do ensino en galego que non se vai reflectir nas aulas. Resolveu que por este camiño Feijóo converterase no “verdugo” do idioma. 
 
Con dureza similar respondeulle á oposición o Partido Popular a través do deputado Román Rodríguez, que mesmo chegou a referirse á Mesa pola Normalización Lingüística, promotora do recurso contra o decreto como “inimigos da liberdade”. O político conservador agarda que o auto do Tribunal Superior de Xustiza “sirva de reflexión e free a fobia de certos colectivos”. 
Sociedade