A mestura da música e o humor de “Cantabile – The London Quartet” en Braga

A mestura da música e o humor de “Cantabile – The London Quartet” en Braga

05 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os británicos “Cantabile – The London Quartet” presentan esta noite o espectáculo “Christmas with Cantabile” na sala principal do Theatro Circo de Braga. Nun concerto único en Portugal, o grupo conxuga o canto a capela con a comedia, e  conta con admiradores de todos os puntos xeográficos e musicais. Achegarán aos bracarenses e ao resto de público interpretacións inéditas das cancións máis tradicionais d

En pleno comezo da época navideña, o cuarteto oferecerá ao público unha performance na que sobrancea o humor britânico e versións pouco convecionais , a capela, de temas como “Winter Wonderland”, “The Little Road to Bethlehem”, “White Christmas”, “Silent Night”, “The Carol Singers” ou “The First Mercy”, entroutros moitos.

“Cantabile – The London Quartet” fórmanno o contratenor Richard Bryan, o barítono Michael Steffan e os tenores Steven Brooks e Mark Fleming, os “Cantabile”.Creadores de performance diferentes como imprevisibles, os británicos contan cun repertorio amplo que inclúe tamén de Johann Strauss, temas jazz, melodías de Broadway e mesmo exemplares da música sacra do último milenio.

Con 15 álbums, máis de 2000 actuacións en directo por todo o mundo e dúas centenas de presentacións em canais televisivos, o colectivo, participou ao longo de 32 anos de carreira en eventos tan dispares como musicais no londinense “West End”, galas a bordo do navío “Queen Elizabeth 2” , concertos no “Carnegie Hall” en Nova Iorque, espectáculos de ópera no “Covent Garden Festival”, noites de jazz con a “BBC Big Band” ou no “Classical Parodies” . 

A cita  con “Cantabile – The London Quartet” ás nove e media da noite no Teatro Circo de Braga. O custe da entrada ascende a 12 euros.

Sociedade