A mestura dos sentidos do gusto e da arte en GastroLAB

A mestura dos sentidos do gusto e da arte en GastroLAB

02 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

GastroLAB chámase a nova iniciativa de Factoría Compostela. Trátase dun laboratorio de experimentación gastronómica para ofrecer ao público a posibilidade de degustar pratos elaborados por cociñeiros convidados. Chefs de todo o mundo achegarán os seus pratos a esta gorentosa cita en Compostela.

O GastroLAB conta con diferentes liñas de traballo. Unha aula con expertos con temática de toda España e un espazo-laboratorio para investigar cos produtos e o deseño de utensilios de cociña entroutras cousas.  Ademais hai unha zona degustación para que a xente coñeza no que se está a traballar. A temática mudará segundo o chef convidado que cambiará cada tres meses . A iniciativa abriuse co chef  Miguel Gil quen tamén coordenará o proxecto.
 
Gil inaugurou o GastroLAB adícandose ao mundo doce cunha pequena parte salgada. A súa carta contempla 6 postres xogando con distintos sabores, cores e texturas. Dentro do eido da investigación traballa nunha peza encargada por Sargadelos que denomina “Botafumeiro século XXI” na que combina diferentes xerminados e herbas. Tamén está a experimentar na creación de distintas caixas de bombóns con sabores especiais.

O principal obxectivo deste laboratorio experimental segundo afirmou en Radiofusión, Miguel Gil, é achegar á cidadanía estas creacións tanto degustandoas como aprendendo novas técnicas fáciles para un cociñeiro amateur.

Para o chef supón unha oportunidadeincreible e unha oportunidade de luxo tanto para él como para o seu equipo. “Hai restaurantes dentro de museos pero nós temos a posibilidade de achegarnos aos artistas”, sinalou.

Os curiosos, os larpeiros, os interesados na arte culinaria e o público en xeral poden visitar GastroLAB de martes a sábado desde as catro da tarde ata a unha da madrugada. 

Sociedade