A metade de Paula Carballeira é de Perlío

Mariola Hermida é poeta e dirixe a sección cultural do CCRD de Perlío onde actúa Paula Carballeira
12 de Decembro, 2018 - 10:24 h. | Publicada por Radio Fene

Os contos de Paula Carballeira chegan o próximo sabado ao CCRD de Perlío, moi perto da casa dos avós paternos. A escritora fenesa ven de recoller o premio Manuel María de literatura dramática infantil 2018, pola obra "Somos os monstros"

ESCOITA O PODCAST:

A escritora, actriz e contacontos, Paula Carballeira, non se prodiga na súa terra que digamos pero o sabado dia 15 témola contando historias no CCRD de Perlío. Estivo na Liga de Amigos de Barallobre no mes de febreiro deste ano 2018, nas Xornadas dos Medios en Galego. Agora podemos disfrutar dela grazas á responsable cultural do Círculo, Mariola Hermida. Un espectáculo de Marionetas o sabado 22 de decembro e unha representación de A Semente Teatro, dirixida por Carlos Basoa, a mediados de xaneiro, completan a actividade neste tempo de Nadal en Perlío. A sección cultural do CCRD Perlío ten moitos proxectos, segundo nos adianta Mariola Hermida. A xunta directiva da entidade renovouse en gran medida hai poucos meses.

Cultura

Publica o teu comentario agora