Meteu a pata

Meteu a pata
15 de Abril, 2019 - 11:53 h. | Publicada por Radio Fene

A S.D. Barallobre “meteu a pata” diante do Cariño no último partido da Segunda Galicia de fútbol. Despois de ir toda a segunda volta na primeira posición, perdeu diante do segundo clasificado (1-0) e o equipo da localidade mariñeira “quítalle” o liderato.

ESCOITA O PODCAST:
S.D.Barallobre. Tempada 2018-2019

“Non fomos quen de marcar as distancias co segundo clasificado, a pesar de levar toda a segunda volta ahí arriba” indica o adestrador do Barallobre Óscar Varela.

O Barallobre, unha vez finalizada a competición de liga,  terá agora un mes de descanso, antes de iniciar a Copa da ría o 19 de maio fronte ao Moeche.

Deportes

Publica o teu comentario agora