Mexillóns, callos e xamón cocido, na romeria do Pote

Mexillóns, callos e xamón cocido, na romeria do Pote

24 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A romería do Pote de Maniños (Fene A Coruña) resiste como pode á competencia de macrofestas galegas ou ás praias. Despois do grande esforzo do ano pasado, cando celebrou o 75 aniversario, a festa discurriu onte domingo con máis modestia. As merendas achegáronse ao campo para gozar co día.

A merenda da entidade do Pote e a da Asociación AETNA foron das máis numerosas. Tamén se desenvolvían outras familiares e de amigos. Nas mesas podíase catar xamón cocido, callos ou empanada. O dia discurriu con tranquilidade e á noite foi cando máis concurrencia tivo a degustación de mexillóns que ofrecía a sociedade cultural de Maniños. Fene acolle o próximo domingo, o ultimo de agosto, a Festa do Cabalo de Magalofes.

Sociedade