Miña casiña, meu lar

O poema de Rosalía describe o caldo de gloria que comían os pobres
21 de Febreiro, 2019 - 08:37 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene ofrecerá no Día de Rosalía unha degustación do “Caldo de Gloria” segundo a receita que a escritora legou no seu poema “Miña casiña, meu lar”.

ESCOITA O PODCAST:

O Parque de Rosalía en Fene será o escenario da celebración que o concello realizará o domingo 24, no aniversario do nacemento da escritora. Procederase ao cambio da placa que preside o parque debido ao seu deterioro. A actual foi colocada nos anos 80, coincidindo coa súa inauguración. Trátase dunha placa de barro, procedente de Buño que, co paso do tempo, foi desgastándose e apenas se aprecia nen a silueta de Rosalía, feita en relevo, nen as letras que dan nome a aquel xardín "Xardín público Rosalía de Castro". Fene celebra o Día de Rosalía, o domingo 24 de febreiro.

Pero antes da xornada central, dende o luns pasado e ata o domingo , a Biblioteca Municipal Xosé María Pérez Parallé alberga unha exposición de fondos bibliográficos con obras da autora galega ou sobre ela. Así mesmo, o Concello está a distribuír por todo Fene, e con especial atención aos establecementos hostaleiros, un díptico coa receita do “Caldo de Gloria” reproducida no poema "Miña casiña, meu lar". A intención é que o domingo sirvan o caldo como petisco entre a clientela, sumándose así co reparto gratuíto de “caldo de gloria” que se fará na Praza do Ameneiral de Perlío este domingo de feirón contra a unha da tarde, despois de rematados os actos institucionais no Parque Rosalía de Castro sito na traseira das casas verdes. Alí actuarán dende as 12 da mañá o Tradicoro da Banda Airiños de Fene e o grupo de teatro Xosémaría Pérez Parallé, do CMI Unidade de Fene que recitará poemas de Rosalía. Ao longo da mañá, realizarase un bookcrossing na parroquia de Perlío, soltandose 50 libros de Rosalía.

Institucional

Publica o teu comentario agora