ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O parque de Rosalía de Castro, en Perlío, acollerá este domingo 23 de febreiro, ás 12.30 horas, o acto institucional do Concello de Fene con motivo do “Día de Rosalía”.
O parque de Rosalía de Castro, en Perlío- Fene- acollerá este domingo 23 de febreiro, ás 12.30 horas, o acto institucional do Concello de Fene con motivo do “Día de Rosalía”. Acolléndose un ano máis á proposta da Fundación Rosalía de Castro, dende a concellería de Cultura faise tamén un chamamento aos establecementos de hostalería do termo municipal para que se sumen á iniciativa e sirvan o domingo como tapa o “Caldo de gloria”, inspirado no poema “Miña casiña, meu lar”, de Rosalía. O acto institucional do “Día de Rosalía” comezará coa intervención do alcalde de Fene, Juventino Trigo, e completarase coa lectura do poema de Rosalía de Castro e coa lectura do manifesto da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), a cargo de Loreto de Castro. Por último, haberá unha ofrenda floral a carón do monolito adicado á nosa poeta nacional (na imaxe).
Amais do acto que terá lugar no Parque Rosalía de Castro de Perlío, a partir das 12.30 horas, dende o Concello de Fene anímase aos establecementos de hostalería do termo municipal a que sirvan o domingo como tapa o “Caldo de gloria”, seguindo as instrucións que Rosalía dá no seu poema “Miña casiña, meu lar” e no que a poeta explica como facer un caldo humilde, en referencia á épica da supervivencia diaria.
O sábado, tamén Narón se suma ao Dia de Rosalía. Ese día plantaráse a figueira da Casa de Rosalía no paseo marítimo de Xubia. O presidente da Fundación Rosalía Anxo Angueira lembrou tamén en Radio Fene a relación de Rosalía de Castro con Mugardos a través do poema adicado á romaría do Seixo. A Asociación Apelón de Mugardos tamén organiza un acto arredor de Rosalía de Castro este venres. Falará alí ese dia a profesora Anxos García Fonte, autora da banda deseñada “Rosalía de festa”.
Publica o teu comentario agora