Michel Alonso, novo adestrador do Racing de Ferrol

Michel Alonso, novo adestrador do Racing de Ferrol

25 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A directiva do Racing de Ferrol confirmou esta tarde a existencia de acordo con Michel Alonso para que ocupe o posto de adestrador do equipo da Segunda División B ata finais desta tempada. Michel adestraba na actualidade ao Val, un conxunto da Primeira Autonómica que deberá agora buscar quen ocupe o seu posto no banco.

Miguel Angel Alonso Naya, 34 anos, é o novo adestrador do Racing ata o 30 de xuño de 2009. Míchel, pode considerarse un adestrador da "casa" e volve ao Racing, agora como primeiro adestrador, despois de que exercese como 2º adestrador con José L. Vara na tempada 2005/2006 e con Manolo García e Juan Veiga, na tempada 2006/2007, e nunha etapa anterior adestrase ao equipo xuvenil. Míchel dirixirá mañá, xoves, o seu primeiro adestramento co equipo e ás 12.30 horas, farase a presentación oficial ante os medios de comunicación.
Deportes