Microconfinado

Microconfinado
01 de Abril, 2020 - 01:14 h. | Publicada por Radio Fene

O humorista galego Pepo Suevos deu positivo en coronavirus e por iso está microconfinado nun cuarto da súa casa. Alí pasa a corentena con pouco tempo libre.

ESCOITA O PODCAST:

“Microconfinado” Así explica o humoriosta galego, Pepo Suevos, cal é o seu estado actual despois de que, recén chegado de Madrid, dese positivo en coronavirus. Describe que está en corentena, nun cuarto da súa casa, aillado do resto da familia para non contaminar. Como non podía ser menos, para Pepo Suevos, o humor é necesario en calquera caso, mesmo nesta crise sanitaria tan dramática. “Eu non podo vivir sin botar unha risa polo medio” confesa. “Poñerse no peor e queixarse non conduce a nada” engade este humorista para quen todo é material útil para facer humor. E explica que aos galegos nada nos fai máis gracia que o que ocorre nos velorios, falar da morte, porque esta forma parte da vida, o mesmo que os bautizos ou as relacións sexuais. Estes días, efectivamente, arden as redes sociais con bromas, chistes, cancións e todo tipo de humoradas relacionadas co coronavirus. Preguntamoslle a Suevos se hai que poñer algún límite e onde está o bo e o mal gusto. Contesta moi claro que a raia ponna o receptor. El defende a liberdade absoluta do emisor. O receptor é o que dí “ata aquí estou disposto a rir e desde aquí non”.

O coronavirus pillou ao noso humorista traballando. Tiña programados moitos monólogos no mes de marzo e en abril comezaba unha mini xira. Tamén estaba pensando nunhas series, pero non queda máis remedio que esperar. Paciencia e resignación é a receita de Pepo Suevos que se sinte “como o trinquete” porque os síntomas duráronlle un día e medio e agora ata fai deporte e todo. Confesa que non lle chega o día no seu microconfinamento, que ten pouco tempo libre entre atender no teléfono aos medios de comunicación como o noso ou aos colegas, atender ás redes sociais e meterlle man ao traballo atrasado. Como despedida, Pepo Suevos ofrécenos un conto saído da súa experiencia co positivo en coronavirus. Unha primicia espontánea para todos os públicos.

Cultura

Comentarios

[url=http://fcialisj.com/]buy cialis generic[/url]
Nome: 
expottCotqO

Publica o teu comentario agora