Miguel Costas pechará o Fenerock 2010

Miguel Costas pechará o Fenerock 2010

19 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Fenerock xa ten cartel para a oitava edición que se celebra os dias 17 e 18 de setembro, no paseo marítimo de Fene. Un dos fundadores de Siniestro Total, Miguel Costas, pechará o festival o sabado. A sua concurrencia débese á demanda que os mozos-as do barrio de San Valentín fixeron chegar á organización a través dunha rede social en internet.

O Fene Rock discurrirá o venres 17 e o sabado 18 de setembro, no paseo marítimo de San Valentín en Fene.
O cartel complétase cunha variada gama rockanroleira que reune a 7 grupos da zona de Ferrol, As Ponets e A Coruña.

O venres 17 actuan dende as 9 da noite:
- “QCP” ( que cunda el pánico) de As Pontes con Susana Lady Evil. Rock and soul.
- INNSBRUCK , pop rock de Fene.
- Los Frikipaldis (A Coruña) versionean a Fito y Fitipaldis.
-  La Durango –Rock and Blues- os máis clásicos, de Ferrol.

O sabado 18 actuan:
- Membrillo Fanegas de Fene.
- Os Smooth Criminal, grupo homenaxe a Maikel JacKson.
-os punkrock, “Decaden Daugthers”  de Ferrol.

E pecha o Fenerock 2010, Miguel Costas, quen fora fundador de Siniestro Total ou de Aerolíneas Federales. Agora lidera a sua propia banda e presenta disco : “Condenados a Costas”. No Fenerock interpretará temas deste traballo e tamén repasará os éxitos de Siniestro dos que el foi o creador.

A entrada ao Fenerock volverá a ser gratuita este ano. Un numeroso grupo de amigos encárgase da intendencia do festival. O sabado ao mediodía ofrécennos, na carpa do concerto, unha degustación de pinchos, como deferencia ao barrio de San Valentín que cada mes de setembro os acolle gratamente. 

Sociedade