Miguel de Lira nos escaparates de Pontedeume

Miguel de Lira nos escaparates de Pontedeume

19 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Miguel de Lira será un dos actores que presentará o seu espectáculo teatral en diferentes escaparates de Pontedeume o vindeiro venres dia 23 de xullo. Trátase dun proxecto do grupo Chévere que se leva á práctica por iniciativa da Unión de Comerciantes e Autónomos da vila eumesa coa colaboración da Deputación da Coruña.

Ademáis de Miguel de Lira, tamén participarán na orixinal experiencia, Patricia de Lorenzo, Antón Coucheiro, Borja Fernández, o mago Romarís, Natalia Outeiro e Xron. Os espectáculos desenvolveránse ao longo de todo o día en escaparates de comercios do casco vello de Pontedeume, segundo sinala a presidenta de UCOA Chus Grandal.

Sociedade