ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Conectar a cultura humanística coa científica, chamar a atención sobre o mundo e retar á poesía lírica. Todo iso é "Minutos para medianoite" escrito a dúas mans por Xavier Queipo e Ramón Neto, dous autores galegos residentes en Bruxelas.
Despois da lectura do libro, lembro que os parasitos son organismos que viven en asociación con outros dos que retiran os medios para a supervivencia. Non é o caso,xa que aquí trata de cooperación entre iguais. Non é corrente escribir un libro a catro mans, un libro de poesía como “Minutos para medianoite” que enfrontaron xuntos Xavier Queipo e Ramón Neto, desde o seu exilio en Bruxelas onde o primeiro, Xavier Queipo (Santiago, 1957. Licenciado en Bioloxía e Medicina e Cirurxía) reside desde 1989, traballando como funcionario da Unión Europea. Ramón Neto (Illa de Arousa en 1975 e licenciado en Filoloxía Inglesa pola USC) reside en Bruxelas desde 1998, onde se dedica ao ensino do inglés. A idea do libro compartido empezou no obradoiro de poetas ao que pertencen en Bruxelas onde se propuxo facer un libro de poemas colectivo que finalmente foi de dous.
O reto que se propuxeron os nosos convidados foi xuntar as dúas culturas, a humanística e a científica, que tantas veces aparecen separadas, e utilizar formalmente novas técnicas. Cada poema dun podía ser reformado polo outro, interferir sempre que o xustificase, así que o resultado non é exactamente unha obra ao 50%. O libro chama a atención sobre o mundo e ten unha máxima “A beleza da natureza é sinónimo de perigo”. Detrás dos autores hai preocupacións ecolóxicas pero tamén unha conciencia e unha mente abertas sobre a poesía, un desafío ao lírico. Apuntan que tamén queren demostrar que en galego se pode falar de todo. Este libro fala de bioloxía e biofísica, e tan a gusto.
O coronavirus entrou na conversa, como non, a pesar de que “Minutos para medianoite” publicouno Galaxia en xullo de 1919. Ramón Neto pasa o confinamento teletraballando cun pequeno ao que hai que atendertodo o día. Xavier xa está afeito a estar encerrado na casa. A novidade deste encerro obrigado foi descubrir ese cuarto da casa chamado cociña “moi interesante e onde se pode fedellar tres veces ao día".
A través de videoconferencia, o clube de lectura de Radio Fene Radiofusión conectou Galiza con Bruxelas. Daquel lado os autores e deste os seus lectores, Esther Val, Andrés C.M. Riveira e Henrique Sanfiz.
Publica o teu comentario agora