A mirada da persoa autora

A mirada da persoa autora
06 de Setembro, 2019 - 01:02 h. | Publicada por Radio Fene

O cine é poesía feita imaxes. Serve para propiciar a reflexión, para propoñer debates. Quizais iso pretendan a maioría dos cineastas que participan esta fin de semana na IV edición do Chanfaina Lab en San Sadurniño.

O programa do Chanfaina Lab iniciouse o pasado martes

Dentro do programa da VI Chanfaina Lab, este sábado ás oito e meida da tarde proxectarase na Casa da Cultura de San Sadurniño o documental “Hamada”, de Eloy Domínguez Serén.

Entre os realizadores e realizadoras que confirmaron asistencia figuran Abel Vega, Aldara Pagán, Ana Martínez, Ana Moreiras, Ana Lamas, André Barbé, Ángela Arnosa, Antón Rodríguez, Anxo Santomil, Bieito Beceiro, Carmen Bouza, Carmen Couce, Catalina Rodríguez, Consuelo Picos, Cruz Piñón, Eloy Arnosa, Fran Bermúdez, Fran X. Rodríguez, Graciela Galdo, Iago Lourido, Irene Beceiro, Javier Seoane, Lucia C. Pan, Luis Avilés, Manolo Abad, María Yáñez, Mónica Cibreiro, Noemi Caneiro, Olga López, Pablo Martínez, Roberto Bouza, Sara Alonso e Noelia Uceira.

Ademais, nos últimos días tamén se incorporaron á relación de participantes un grupo de sete mozos de Naraío coa intención de gravar durante a fin de semana a segunda parte dunha curtametraxe filmada na parroquia hai 25 anos. Así, esta edición do Chanfaina vai contar con 41 nomes confirmados de aquí e de acolá que acudirán á cita para mostraren outros puntos de vista de San Sadurniño, sexan documentais, ficticios ou experimentais, que han de filmarse entre o sábado 7 e o domingo 8 de setembro.

Entre os datos que se tiran deste Chanfaina cómpre destacar que o 58% da participación é feminina e o 42% masculina, o  70 % das inscricións corresponde a cineastas locais e o 30 % a cineastas chegados doutras partes de Galicia e, ademais, desde a organización tamén se indica que existe "un gran equilibrio de idades" , pois o 18% teñen menos de 18 anos, de 18 aos 30 anos representan o  31%,  de 30 a 50 o 27%, e un 24% veñen sendo cineastas de máis de 50 anos.

Cultura

Publica o teu comentario agora