ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ricardo Carvalho Calero é un dos intelectuais de maior relevo da Galicia do século XX. Somentes a súa monumental e precoz Historia da Literatura Galega xa merece un capítulo aparte. A iso súmase a súa obra narrativa, poética, ensaística e o seu firme compromiso coa cultura. A súa figura lembraráse en Ferrol ao longo do mes de maio, grazas á complicidade de distintas entidades.
O roteiro A mirada de Carvalho sairá da Praza Vella de Ferrol o venres tres de maio ás seis da tarde. Os actos en lembranza do profesor prolongaránse o 10 de maio cando se celebrará unha protesta polo mal estado do Centro Cultural Carvalho Calero na Praza do Inferniño. As actividades concluirán o 31 de maio cun recital de poesía erótica no Ateneo Ferrolán.
Ricardo Carvalho Calero demostrou compromiso cos direitos colectivos do povo galego. Cultivador de poesía, teatro, romance e ensaio literario, filoloxico ou sociolingüístico, alem de brillante orador. Naceu na rúa de San Francisco de Ferrol en 1910 e morreu en Compostela o 25 de marzo de 1990. A obra de Carvalho Calero lembraráse no vindeiro mes de maio en Ferrol.
Publica o teu comentario agora