Mirando o futuro

A Escola Politécnica Superior oferta os graos en Enxeñaría Mecánica, Tecnoloxías Industriais e en Enxeñaría Naval e Oceánica.
16 de Xaneiro, 2020 - 02:13 h. | Publicada por Radio Fene

O Campus de Ferrol recibe a máis de 170 estudantes de Bacharelato na xornada de portas abertas “Día da Enxeñaría” o venres 17 de xaneiro.

O Campus de Ferrol recibe a máis de 170 estudantes de Bacharelato na xornada de portas abertas “Día da Enxeñaría”. Será o venres 17 de xaneiro, ás 09:30 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol. Nesta terceira edición, participan estudantes de Bacharelato da rama tecnolóxica do IES Porto do Son (Porto do Son, A Coruña), do IES Rego de Trabe (Culleredo, A Coruña), do IES Fragas do Eume (Pontedeume, A Coruña), do IES de Curtis (Curtis, A Coruña), do IES Saturnino Montojo (Ferrol, A Coruña), do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas (Oleiros, A Coruña) e mais do IES Montecastelo (Burela, Lugo). A título persoal, tamén asisten varios estudantes do IES Universidade Laboral (Culleredo, A Coruña), do IES Plurilingüe Calasancias (A Coruña), do Colexio Montegrande (A Coruña) e do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda, Pontevedra).

Múltiples actividades para coñecer as titulacións.

A Escola Politécnica Superior oferta os graos en Enxeñaría Mecánica, Tecnoloxías Industriais e en Enxeñaría Naval e Oceánica. Para que o alumnado dos distintos centros de ensino galego e o público en xeral coñeza máis polo miúdo estas titulacións, a dirección do centro porá en marcha as seguintes actividades: “Buques e ondas: a canle de ensaios hidrodinámicos”, “Simulación de máquinas e vehículos”, “Aplicacións do láser” e “Robótica autónoma”. Pola súa banda, a Escola Universitaria Politécnica, centro no que se imparten os graos en Enxeñaría Eléctrica e en Electrónica Industrial e Automática, convidará aos asistentes a participar nas actividades “A enxeñaría eléctrica, motor de cambio”, “Contrólao todo: a Automática e a Electrónica” e “Da Automatización a Ligths Out Factory A xornada inclúe tamén visitas guiadas a Exponav e unha comida na cafetería do campus. Todas as actividades programadas no marco do “Día da Enxeñaría” son gratuítas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora