A mistura do fútbol e do erotismo

A mistura do fútbol e do erotismo
19 de Decembro, 2019 - 09:23 h. | Publicada por Radio Fene

Fútbol e erotismo mistúranse no último volume de Mario Regueira. En Ferrol e Fene hai moito costume de chamar á xente polo nome do seu lugar de orixe, pero o título é tamén unha homenaxe ao clube de fútbol Livorno que, xunto ao St. Pauli de Hamburgo, son referencias mundiais de sociedades deportivas comprometidas na loita contra o odio e a xenofobia.

ESCOITA O PODCAST:
Mario Regueira, autor de Marco Livorno

Un italiano fantasmal e os seus amores nun Ferrol proletario son o marco narrativo do libro de poesía “Marco Livorno”. O breve relato que abre a obra gañadora do premio de poesía erótica Illas Sisargas comeza así:

 

  1. Coñecín a Marco Livorno en 2004, nunha pachanga no extrarradio de Ferrol. Xogaba cunha camisola escarlata co número 99 e un nome escrito detrás: Lucarelli.

Mario Regueira conversou sobre o libro no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión con Esther Val, Tatty Lavandeira, Andrés C.M.Riveira e Henrique Sanfiz.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora