MJ Pérez: "Ás veces síntome como Casandra"

MJ Pérez: "Ás veces síntome como Casandra"
22 de Outubro, 2018 - 12:41 h. | Publicada por Radio Arzúa

“As veces síntome como Casandra” afirma a cantautora MJ Pérez. Casandra é o nome do seu último disco que fai alusión ao mito grego dunha muller que posuía o don da profecía e era quen de adiviñar o futuro. A raíz dun conflito co deus Apolo, Casandra foi castigada: mantería o seu don, mais ninguén crería nela. A traxedia de Casandra chegou cando foi quen de prever a guerra e caída de Troia e ninguén fixo caso das súas advertencias.

ESCOITA O PODCAST:
MJ Pérez

“Quero crear un mundo, construir un relato con ese disco e nunha ocasión alguén me dixo: Ti eres un pouco Casandra” suliña a cantautora que reclama “a calidade e variedade da música feita en Galicia”. “Este disco foi un punto de inflexión, porque entramos nun estudo e cunha banda completa” afirma MJ Pérez, quen tamén salienta: . “saquei un videoclip hai moi pouco co tema O fío do que pendo”

 

Cultura

Publica o teu comentario agora