Mobilización en marzo contra la Lei de Augas

Mobilización en marzo contra la Lei de Augas

23 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Sindicato Labrego Galego e diversas asociacións ecoloxistas e sociais veñen de anunciar unha mobilización contra a Lei de Augas, aprobada en novembro do pasado ano polo Parlamento, por considerar que supón un paso cara a privatización de este recurso básico para a vida. A secretaria xeral do SLG, Carme Freire, acompañada por representantes das asociacións Altermundo e das Comunidades de Montes de Galicia, sinalou que a plataforma, que inclúe t

Malia compartir os principios de racionalidade no consumo, de mellora da xestión e de loita contra a contaminación, a plataforma é contraria á lexislación adoptada polo Parlamento galego e considera que con esta Lei a empresa pública de dereito privado Augas de Galicia, encargada da xestión do recurso, podería privatizarse no futuro.

Pola súa banda, Manoel Santos, representante de Altermundo, coida que o grave desta lexislación é que non privatiza só o subministro senón que se privatiza o elemento. Santos apuntou que detrás da Lei escóndense as directrices da Unión Europea e do Banco Mundial e que se trata dun saqueo dun dereito humano.

Sociedade