Mobilizacións nas vilas pesqueiras para defender o futuro da flota do arrastre

Mobilizacións nas vilas pesqueiras para defender o futuro da flota do arrastre

18 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O BNG iniciará en Ribeira unha campaña de mobilizacións en vilas pesqueiras para defender á flota galega fronte ao escenario de desmantelamento que, denuncian, están a debuxar as medidas recentes adoptadas pola Unión Europea. Entre estas, resulta especialmente prexudicial a rebaixa nun 93 por cento da cota do lirio, a especie capital da flota do arrastre de Galicia. Durante a comisión parlamentaria de Pesca desta xornada, o director xeral de Recursos Mari&nti

O deputado nacionalista, Bieito Lobeira, salientou que o importante é saber cando estarán eses informes en condicións de seren defendidos perante as autoridades comunitarias. Lobeira asegurou que a situación é “límite” para o sector primario e que, de perpetuarse en 2012, resultará “desoladora” para a flota galega. Por iso reclamou con inusitada vehemencia, que remate o comportamento “indolente” do Goberno autonómico e estatal neste capítulo a cuxos responsables “habería que fusilar á alborada” se non resolven a cuestión,

Institucional