Moda e videoxogos recuperan a universidade

Moda e videoxogos recuperan a universidade
03 de Xaneiro, 2019 - 10:57 h. | Publicada por Radio Fene

A implantación de novos títulos como Moda e Videoxogos explica a recuperación de matrícula no campus de Ferrol da Universidade da Coruña. Tamén se observa o repunte en carreiras existentes como Enxeñería Naval, Electrónica, Deseño Industrial, Enfermería e Podoloxía.

Campus de Esteiro en Ferrol. Universidade da Coruña

A matrícula tamén aumenta nos mestrados, segundo informa a Universidade. En 2018-2019 cursan estudos na Universidade en Ferrol dúas mil duascentas persoas. Incrementase tamén o número de estudantes de novo ingreso, pasando de 635 a 726. A comezos de século había catro mil alumnos nos campus de Esteiro e Serantes. A tendencia á baixa logrouse frear este curso con esas 2.200 persoas matriculadas, cen máis que o ano pasado

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora