A moenda e a fornada pechan o ciclo do pan das Festas Etnográficas de Allariz

A moenda e a fornada pechan o ciclo do pan das Festas Etnográficas de Allariz

06 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O ciclo tradicional do pan remata esta fin de semana en Allariz. Este sábado a Torre de Seoane será o escenario da fornada a partir das oito. Con estas celebracións clausurase unha nova edición das Festas Etnográficas dedicadas ao pan.

Despois de ter feito a seitura e a malla, os veciños que participan na representación da Festas Etnográficas continúan desenvolvendo, fase por fase, o ciclo tradicional do pan. O terceiro acto, a moenda, levouse a cabo onte, cunha demostración na que se moeu o gran recollido na malla e rematouse coa degustación da bica de millo e de viño doce. A celebración tamén contou coa actuación do grupo musical Leña Verde.

A fornada pechará o ciclo nesta xornada. Aquí, os participantes poderán amasar e cocer o seu propio pan. Durante a festa haberá merenda e a actuación teatral de Artestudio Teatro que porá en escena a obra “Feirantes”.

 

Sociedade