Moi agradecida á clientela

Moi agradecida á clientela
15 de Maio, 2020 - 10:24 h. | Publicada por Radio Fene

O pequeno comercio local reabre as portas con esperanza. É o caso de Lualé 114 de Fene onde Manuela Hermida está moi agradecida á clientela que acudiu esta semana á súa tenda.

ESCOITA O PODCAST:

Hai dous meses Manuela Hermida veuse na obriga de pechar a súa tenda de ropa e calzado deportivo, tres anos despois da inauguración. “Foi duro ter que pechar a porta” confesa a propietaria de Lualé 114, máis sen saber cando podería abrila de novo. Pero ese día chegou. O pasado luns 11 de maio tiña todo preparado para volver a ver aos seus clientes que responderon moi ben ao convite. “Teño que agradecer aos meus clientes o seu apoio, afirma Manuela, non podo estar máis agradecida”. Cando houbo que pechar xa tiña feito o pedido desta tempada de primavera-verán e agora xa ten feita a de outono-inverno porque isto faise cun ano de antelación, comenta. Opina Manuela Hermida que durante a desescalada e ata volver á normalidade, quizás a xente opte por este tipo de ropa e calzado deportivo. A campaña de apoio ao comercio avanzada polo concello de Fene parécelle “xenial” porque lles vai vir moi ben, afirma.  Lualé 114, na Avenida Naturais de Fene, mantén o horario normal da tenda, o anterior á crise sanitaria. De luns a venres, de 10 a 13.30h e de 17 a 20.30h. Os sábados, de 10 a 14horas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora