Moi boa imaxe

O Barallobre caeu derrotado en copa e liga cos dous equipos mugardeses.
04 de Novembro, 2019 - 11:12 h. | Publicada por Radio Fene

Eliminado da copa, o Barallobre continúa na liga xogando co Numancia na próxima xornada.

ESCOITA O PODCAST:

Copa

O Barallobre quedou eliminado da copa por culpa de dous goles que, segundo o técnico Oscar Varela, non tiñan que ter subido ao marcador. O Barallobre deu unha imaxe moi boa fronte a un equipo de categoría superior que na segunda parte tirou de xogadores do primeiro equipo. Empezou marcando o equipo do Ramo. Caruncho transformou unha falta desde o medio do campo. Ata o minuto 88 non chegou o empate. O Mugardos sentenciou no 93.

Liga

Tamén o Mugardos, o Mugardos B neste caso foi o rival do Barallobre na Liga, nun campo esbaradizo que converteu o encontro nun choque “batallador” en palabras do técnico do Ramo. O resultado, Barallobre 1- Mugardos B 3, non é fiel reflexo do que pasou. Destacar o labor do porteiro fenés que detivo nada menos que dous penaltis. A primeira parte estivo nivelada e xusto antes do descanso marca o anfitrión o 1-0, nunha ocasión moi clara de Pereiro. Na segunda parte o Mugardos B tivo máis posesión do balón e máis chegada, así que chegou o empate. Tras parar os dous penaltis, o Barallobre encaixa o 1-2 e xa no tempo de dasconto chega o terceiro de corner. A próxima xornada o Barallobre visita ao Numancia. Vai ser un partido moi disputado á vista do apretados que están os dous conxuntos.

Deportes

Publica o teu comentario agora