Moi mal sabor de boca

Moi mal sabor de boca
22 de Outubro, 2018 - 12:37 h. | Publicada por Radio Fene

Con moi mal sabor de boca, volveu o Cultural Maniños da súa visita a Cambre. En partido da Primeira Galicia de fútbol, Sporting Cambre 2 -1 Maniños. “Esperábamos máis deste encontro, non só porque fora o último clasificado, pero mantivemos o control do balón, ainda que eles aproveitaron as súas escasas ocasións e o seu segundo gol, chegou case na última xogado do partido” afirma o directivo do Maniños Alfredo Fernández.

ESCOITA O PODCAST:
O Maniños recibe a próxima xornada ao Eume

Non houbo moita intimidación nos metros finais por parte do Maniños, a pesar da impresión “de certa inclinación do campo para o lado do Cambre”.

Deportes

Publica o teu comentario agora