Moita animación no III Campionato de Judo Concello de Fene

Moita animación no III Campionato de Judo Concello de Fene

15 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

160 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 15 e os 19 anos participaron esta tarde no III Campionato de Judo Concello de Fene, celebrado no polideportivo de San Valentín. Os judokas procedían de toda Galicia, 15 deles de Ferrolterra. Entre os arbitros da competición figurou o presidente da asociación empresarial Iniciativa do Noroeste Manuel Pérez.

En San Valentín celebran desde o venres as súas festas patronais, polo que o barrio rexistrou unha animación especial. Aos visitantes atraidos polos festexos, sumáronse numerosos familiares dos judokas participantes no Campionato.

Precisamente esta fin de semana, o español Kioshi Uematsu logrou a medalla de ouro na categoría de -73 quilos da proba da Copa do Mundo de judo disputada este fin de semana en Budapest. Uematsu callou a actuación máis destacada da delegación española na capital húngara así como do equipo feminino que competiu en Viena. Kioshi Uematsu gañou sucesivamente no seu grupo ao alemán Christopher Voelk, o esloveno Saso Jereb e o ucraniano Volodymyr Soroka, en semifinais desfíxose do húngaro Attila Ungvari e na final do xaponés Masahijo Otsuka.

Deportes