Moita festa no último traballo de Roger de Flor e Os Silvestres

Moita festa no último traballo de Roger de Flor e Os Silvestres

19 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O músico Roger de Flor entregounos esta mañá a primeira copia do seu ultimo disco “Hai un lugar no norte”. As novidades veñen dadas porque este é un disco máis coherente, festeiro, lúdico e máis de directo; integramente en galego e con cancións feitas por todos, afirmou o cantautor fenés.

O novo traballo inclue algunhas cancións que funcionaron no directo pero non estaban nun disco. Tamén hai temas que trunfaron e son representativas dos Silvestres ao completo como "Os dous amigos" ou "Non penso volver ver a TV". Atopamos creacións de Cabe, Serxio Galego, Magín Blanco ou do Marqués das Viñas.

Sociedade