Moita forza

Moita forza
13 de Febreiro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Despois da ponte do Entroido, o xoves día 15, dous colexios de Fene, o de Centieiras e o Jorge Juan, teñen actos programados para conmemorar o Día Internacional do Cancro Infantil. En Galicia hai previstas actividades en doce centros escolares. Falamos desta iniciativa con Silvia Doce, da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos, Asanog, e coa directora do colexio de Centieiras, Andrea Fernández.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Moita forza”. Mensaxe de Silvia Doce para as nenas e nenos que teñen cancro e para as súas familias. Silvia preside a Anpa de Centieiras. A súa filla Andrea, unha nena moi valente de 7 anos, ten un cancro. “Acaba de reincorporarse hai unhas semanas ao centro, onde cursa segundo de Primaria”, explica súa nai. Silvia destaca o labor de entidades como Asanog e a importancia do entorno escolar. “En Centieiras sempre nos apoiaron en todo, agradecer tamén o apoio e o cariño da Anpa”. Uns lazos servirán para mandar unha mensaxe de apoio dos escolares a nenos e nenas afectados no Día Internacional do Cancro Infantil e tamén se dará lectura a un manifesto conmemorativo.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora