Moita luz

Moita luz
24 de Xullo, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Fene ten a Casa do Concello nun edificio singular. Foi protagonista do Día Mundial da Arquitectura hai vinte anos. Inaugurouse en 1981 seguindo un proxecto dun destacado arquitecto Alberto Campo Baeza, que gañou o concurso de ideas para darlle unha nova sede ao Concello. Estefanía Purriños, responsable da Oficina de Turismo Municipal, repasou a historia do edificio en Radio Fene.

 

ESCOITA O PODCAST:

Liñas sinxelas e gran luminosidade son as principais características do edificio. O premio que lle deron ao arquitecto por gañar o concurso de ideas convocado en 1977 foron 200.000 pesetas. O proxecto, chamado “Entre dúas prazas” non chegou a executarse na súa totalidade, pois estaba prevista a demolición do edificio que ocupa a Policía Local onde ía outro corpo da edificación. Na páxina web do arquitecto ten información do seu proxecto en Fene. Campo Baeza é un arquitecto de prestixio. Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura en 2020 e tamén ten obras en Granada, Nova York e Venecia. A construción da nova Casa do Concello de Fene saíu a licitación en xullo do 78 e a execución da obra tivo algúns retrasos e outros problemas, como goteiras, polo que foi necesario instar á construtora a resolver as deficiencias. 

Institucional

Publica o teu comentario agora