Moita pescada a un prezo asequible

Moita pescada con calidade e prezo
07 de Xuño, 2019 - 08:45 h. | Publicada por Radio Fene

A pescada continua a bó prezo e con cantidade descargada nos portos galegos. Na Coruña subastáronse o xoves da semana pasada, máis de 31.000 quilos e en Cedeira máis de 3.000. O prezo máximo baixou na lonxa da cidade herculina ata os cinco euros mentras que chegou aos 8,85 na vila do Ortegal. O martes o quilo de pescada chegou na lonxa coruñesa aos seis euros e dez céntimos. En Peixería Marina de Maniños o quilo de pescada vendíase o pasado martes a cinco noventa.

Pescada da Peixería Marina de Maniños

A pescada é dos peixes máis prezados dos que nadan nas augas preto de Galicia. Carioca cando é pequena e morde o rabo, pixota cando medra; xa de grande, é a pescada ou merluza para os casteláns. Da familia dos gádidos, é o Merluccius – Merluccius segundo Linneo. Peixe branco por excelencia, estimado pola carne compacta que despeza en cunchas, con sabor a mar. Ten sona de peixe insípido,  pero coa vantaxe de coller o sabor do guiso en que se fai, ou doutros alimentos que a acompañen. A do Cantábrico, que ten o lombo negro, capturada con anzol e liña, é dicir, do pincho, é a mellor. “Do mar a pescada, do monte a perdiz” afirma Fausto Galdo no Abecedario das Mantenzas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora