Moita xente vai quedar tirada

Moita xente vai quedar tirada
01 de Abril, 2020 - 10:13 h. | Publicada por Radio Fene

Manel Grandal: "Esta crise sanitaria está deixando a sensación de que é cousa de todos pero o gran fallo é o sistema capitalista, voraz, que é capaz de regalar cartos aos bancos e non aos servizos públicos".

ESCOITA O PODCAST:

“O sector naval está totalmente paralizado e perdendo contratos, algúns irrecuperables” Manel Grandal, secretario comarcal da CIG, reflexiona con nós sobre a repercusión económica desta crise sanitaria desexando, en concreto para o naval, que ogallá non periguen cando menos as inversión prometidas. Falamos en xeral de “despidos” que segundo Grandal teñen diferentes casuísticas, entre elas, os despedimentos inmediatos aproveitando a situación, aqueles que fan os clásicos empresarios que leen o BOE como lles convén, ou  os despedimentos a traballadores con contratos eventuais. Nesta ocasión a CIG defendeu que esta é unha situación excepcional, tanto como para crear un fondo social que compense de xeito temporal o parón laboral obrigatorio.

En relación cos sectores que están en primeira liña, como é a sanidade ou a alimentación, aos que aplaude o representante da CIG, reclama antes de nada EPIS para protexelos e que se extremen as medidas de seguridade no traballo. Entre todos os traballadores afectados pola crise do coronavirus, Grandal pon a mirada nos sectores precarizados, entre eles as empregadas de fogar ou os mozos e mozas cos primeiros contratos, afirmando que “moita xente váise quedar tirada”.

Como é lóxico, estas semanas á CIG chegan centos de chamadas telefónicas de persoas preocupadas. Consultas de todo tipo e casuística. Declara Manel Grandal que, “os decretos saen a contagotas e non se entenden moi ben, así que nos fan moitísimas preguntas ”. Entre esas preguntas está a de “eu teño que ir a traballar?”

Á pregunta de si esta crise vai ser peor que a de 2007-2008, o secretario comarcal da CIG non dubida en responder que vai ser peor. Aclara que aquela era unha crise financieira pero esta leva unha carga psicolóxica moi grande. Engade que está deixando unha sensación difícil de dixerir. Grandal deixanos un aprendizaxe: “Convencernos de que si algo hai que coidar, son os servizos públicos”

Sociedade

Publica o teu comentario agora