Moito que dicir e pouco que contar

Moito que dicir e pouco que contar
10 de Outubro, 2022 - 10:34 h. | Publicada por Radio Fene

O adestrador Arsenio Iglesias pronunciou esas palabras despois do partido contra o Valencia xogado en maio de 1994. No último minuto do encontro, o porteiro do Valencia paroulle un penalti a Djukic e iso fixo que o Deportivo da Coruña se quedara sen o título de Liga. A frase tamén pode resumir as sensacións do adestrador do Maniños B Michel Rodriguez, tras o partido da Segunda Galicia xogado no campo do Pote na mañá do domingo. Maniños B 1 - 1 Amistade de Meirás.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe
Fala  o adestrador do Maniños B Michel Rodriguez 
http://173.255.131.18/audio/101022RODRIGUEZ.mp3

Fotografía: Xan Xe

O técnico agradece a colaboración do xuvenil Miguel que participou de xeito importante durante 14 minutos do partido. " O punto logrado sírvenos para coller impulso e moral" conclúe o adestrador.
 

Deportes

Publica o teu comentario agora